Alalá 017: PACO DE ESCORNABOIS

Nesta nova edición, o programa Alalá viaxa á comarca da Limia. Francisco Villarino, máis coñecido como Paco de Escornabois, é probablemente un dos gaiteiros máis recoñecidos de Galicia e o protagonista desta edición. Paco tivo a súa primeira gaita ós dezaseis anos e aprendeu a tocala en só tres días. Agora, con oitenta e dous, é un mestre cun repertorio interminable. O seu peculiar xeito de mover os dedos sobre o punteiro, os seus picados e repicados, atraen ós músicos máis novos que intentan imitar as súas características ornamentais. Características que el aprendeu dun gaiteiro chamado Leopoldo Quiroga cando, este, acaba de saír do cárcere trala Guerra Civil. Agora é Paco quen ensina e moitos deses mozos, coma Iván Area, Felix Castro ou Curro Romero que falarán da admiración que senten polo gaiteiro de Escornabois. Moitos dos novos músicos que se achegan onda el para aprender, coñecéron a Paco en Castro de Laza a onde, este home incansable, acode desde hai corenta anos para animar o entroido. Él é unha das figuras desta festa ancestral que non sería o mesmo sen o son da súa gaita. No programa desta semana verémolo nunha desas actuacións que se prolongan durante catro días e catro noites. Ademais tocará en directo para Alalá acompañado por seus irmáns, José e Ramón cos que se compenetra á perfección.
Genero:Alalá TVG
Fecha:13/06/2006
Discografica:TVG