Alalá 002: TREIXADURA
                            O “muíño vello” de Delio, en Redondela, é o lugar onde comezaron a ensaiar os Treixadura. ¡Aquí podían tocar ata cansarse, sen medo a molestar ós veciños!...E como ademais é unha taberna, “mollaban a palleta” cun pouquiño de viño Treixadura...¡que tanta inspiración lles deu! ¡ata o nome!...E tamén aquí fixeron o primeiro concerto...só para amigos con dereito a opinar. 
E debeulles saír ben, porque moitos destes amigos con que compartían os típicos cantares de tasca, forman parte do Orfeón que hoxe acompaña ó grupo...¡e as cancións da taberna convertéronse en parte do repertorio e dos discos! Así pois, a receita destes gaiteiros formidables componse de: amor incondicional pola música, amigos, voces ben afinadas cunha pingas de licor café ...e noites e noites de muíñada!
                            
                                | Genero: | Alalá TVG | 
                                | Fecha: | 21/02/2006 | 
                                | Discografica: | TVG | 
                                |  |  |