Alalá 011: LEILÍA

Esta semana o programa Alalá está dedicado a Leília, sen dúbida un dos grupos máis populares e máis innovadores da música tradicional galega. Felisa, Merche, Montse, Patricia e Ana comezaron hai 16 anos a percorrer as aldeas galegas para recoller directamente da xente maior as pezas que se cantaban hai anos. Froito dese traballo foi o seu primeiro disco, “Leílía”, composto exclusivamente por cantos tradicionais. Pero co paso do tempo o grupo foi evolucionando e, co obxectivo de achegar a tradición ós nosos días, deron novidosos pasos cos que coseguiron realzar as súas impresionantes voces: un tratamento distinto da pandeireta, a traducción de tódalas letras ó galego, a interpretación de letras propias ou de escritores como Suso de Toro, unha coidada posta en escea nos espectáculos e, sobre todo, a incorporación de instrumentos non tracidionais como a batería o baixo eléctrico, o saxo ou as guitarras. Neste programa as Leilía falaran de todo isto pero tamén da forte relación de amizade que as une e do que cada unha lle aporta ó grupo xa que, segundo elas mesmas confesan, a diferencia de personalidades é o verdadeiro segredo da unidade de Leilía.
Genero:Alalá TVG
Fecha:25/04/2006
Discografica:TVG