Agrupación Santiaguiños de Boimorto no FDL201
A historia dos Santiaguiños de Boimorto remóntase ó ano 1987 cando un pequeno grupo de persoas comezaron a dificil tarefa de recuperacion e difusión da cultura musical da nosa rica e fermosa terra. Esa intencion moi presente nestes tempos permitiu que a asociacion crecera pouco a pouco, incrementando os alumnos, profesores e numero de clases.
Hoxe en día a asociación conta con máis de 40 alumnos nas clases de Baile, Canto, Gaita e Percusión, ademais organiza eventos destinados a aumentar os contidos culturais dos veciños do Concello e todo aquel que se anime a participar nenes. A agrupación céntrase nunha labor didáctica, organizando en centros escolares e outras asociacions obradoiros específicos de música ou baile, os cales teñen gran aceptación entre os asistentes.
Genero: | Roots & Dance |
Fecha: | 10/09/2016 |
Discografica: | Casa de Tolos |
Festival: | Festival de la Luz |