The Lakazans

The Lákazans beberon ata reventar do blues mais clásico de artistas como Howlin Wolf, Muddy waters, do soul de Aretha Franklin, Etta James ou Sam Cooke, pasando polo country de Johnny Cash, sen esquecer aos grandes clasicos do rock e o rock and roll como Elvis Presley, os Rolling Stones e Bob Dylan. ?? Teñen unha formación un tanto peculiar con armónica, percusión que inclúe darbuka, culleres e washboard, entes outros elementos, ademais de batería, baixo, guitarra (acústica/ eléctrica/ slide) e dúas grandes voces, Sabela e Almudena. Todo isto xunto dálle á banda un carácter moi particular e pouco habitual neste lado do continente. Ese son de Chicago en Memphis, pero cargado de afouteza ou morriña, segundo conveña, é o que mellor define a estes lákazans.
Genero:Soul / Funkie
Fecha:23/12/2014
Discografica:Casa de Tolos
Festival:Los Conciertos de Casa de Tolos