Vigo 430 - Música de Cine (LS)

Brais González: Música de cine, cinco suites temáticas O cine mudo A época dourada: catro décadas de cine Maxia e Animación Ciencia e Ficción Greatest hits Directora: Isabel Rubio O concerto que pecha o Ciclo de Outono 2021 da Orquestra Vigo 430 é realmente especial na historia do proxecto da Orquestra Vigo 430. Trátase de un programa que foi adiado debido aos efectos derivados da pandemia no seu período máis virulento. Pero, sobre todo, foi un programa que foi fruto do traballo da persoa que homenaxeamos con él: Ana Novoa, quen foi Xerente do proxecto Vigo 430 casi desde a creación do mesmo ata fai so uns meses. A ela adicamoslle este concerto con todo o agarimo e recoñecemento á súa xenerosidade, entusiasmo e traballo desinteresado durante todos estes anos. Entrando xa a falar da música que podremos escoitar en este concerto, o compositor vigués e gran especialista en música de cine Brais González, levarános a unha travesía de máis de seis décadas, ao longo dos principais expoñentes musicais e cinematográficos da Historia de Hollywood; un singular camiño no que poderemos comprobar de primeira man cómo a música composta para a imaxe foise desenvolvendo co paso dos anos e como a música de concerto foi unha constante fonte de inspiración para os creadores de Bandas Sonoras. A través deste percorrido poderemos descubrir as sonoridades da Idade de Ouro do cinema americano e as contribucións que moitos autores europeos fixeron ás creacións cinematográficas americanas. Tamén cómo o cinema de animación dixital converteuse, non só nun xénero fílmico con voz propia, senón que desenvolveu unha linguaxe musical específica con características moi particulares. Por último, daranos tempo a sobrecollernos coas reminiscencias wagnerianas do cinema épico e de acción destas últimas dúas décadas que levan as forzas orquestrais ao límite.
Genero:
Fecha:15/12/2021
Discografica:Casa de Tolos