Sixtytolos - A Golpe de Single

A publicación deste traballo documental e musical colma as expectativas destes grupos vigueses que, a diferenza dos seus coetáneos das grandes capitais, non tiveran a oportunidade de rexistrar as súas composicións formalmente. Vigo foi unha das cidades españolas que con máis decisión se sumou o máxico movemento musical que definiu a década dos sesenta. Corenta e tantos anos despois, aqueles valorosos músicos de antano volven reunirse para colaborar xuntos na creación dun traballo discográfico brillante e orixinal que rinde tributo a toda unha época e ofrece o seu homenaxe os que se quedaron no camiño. É tempo de lembrar aos compañeiros cos que tantos momentos compartimos e que seguimos sentindo tan próximos que podemos percibir o son das súas melodías. Especialmente a Pepe Lara, vocalista do Clan e auténtico motor dos Reencontros que, sen dúbida, gozaría enormemente coa realización deste traballo.
Genero:Documentaries
Fecha:01/01/2013
Discografica:Casa de Tolos