Abóbriga

Abóbriga naceu a finais de 2008, cando catro gaiteiros de Monteboi en Baiona contactaron con varios músicos para facer unha colaboración nunhas actuacións informais. A partir deste intre creouse o grupo. Dende aquel inicio, Abóbriga actuou en diferentes escenarios madurando día a día, e conseguindo un público fiel. En 2012 sacaron ó mercado o seu primeiro traballo, 'Foliada en Baiona', que recolle 16 temas que se dividen entre pezas tradicionais e de composición propia.
Genero:Galician Roots
Fecha:21/08/2014
Discografica:Casa de Tolos