Bellón Maceiras Quinteto - Ortigueira 2014

Os prestixiosos músicos Daniel Bellón e Diego Maceiras, coa formación BellónMaceiras Quinteto, suben de novo ao escenario Alameda do Festival de Ortigueira. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón, ofrecen unha viaxe musical a través de diversos estilos e ritmos de composición propia. Juan Tinaquero, Juan Cabe e Colás Lage, completan a formación do quinteto. Neste concerto do 30 aniversario do Festival de Ortigueira contan coa colaboración dunha invitada moi especial, María López, zanfonista naronesa de 9 anos. María recibe na actualidade clases de zanfona e clases de gaita. Foi seleccionada por Carlos Nuñez en decembro de 2012 para participar nun concerto de novos músicos no Auditorio Mar de Vigo. No 2006, BellónMaceiras, coa colaboración de Álex Blanco, son un dos finalistas para participar no Escenario Runas 2006 do Festival de Ortigueira. Despois dunha excelente actuación rematan sendo o grupo máis votado co que gañan a participación no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007.
Genero:Galician Folk
Fecha:19/07/2014
Discografica:Casa de Tolos
Festival:Festival de Ortigueira

Canciones

  • 1 Caldo requente con broa d´antonte
    00:00:00
  • 2 11x4
    00:06:00
  • 3 Prieguiceira
    00:10:00
  • 4 Tango pur Claude
    00:16:15
  • 5 Xudías Rusas
    00:21:09
  • 6 Unha noite na eira do trigo
    00:25:52
  • 7 Muiñeira de Pontesampaio
    00:32:30