Riobó - Ortigueira 2013

Begoña Riobó é unha violinista cunha destacada traxectoria artística, despois de se mebro das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondese. Foi a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto. “Riobó” é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega. Deste xeito, en cada concerto conviven as raíces culturais máis puras con fórmulas interpretativas actuais. Acompañando a Begoña, en “Riobó” atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, coma Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).
Genero:Folk de Galicia
Fecha:05/07/2013
Discografica:Casa de Tolos
Festival:Festival de Ortigueira