Luis Nacht, Demian Cabaud & João Sousa

Con máis de dúas décadas de traxectoria desde o seu debut con *Nacht Musik* (2001) e con máis de dez álbums en solitario ás súas costas, o saxofonista e compositor arxentino Luis Nacht consolidouse como unha das figuras máis destacadas e persoais do jazz contemporáneo latinoamericano e internacional. No marco do XXXVI Festival de Jazz de Lugo, Nacht presentou no Club Clavicémbalo o seu traballo discográfico *Furtivo*, nun formato de trío clásico de saxo, contrabaixo e batería caracterizado polo lirismo, a liberdade formal e unha fonda compenetración entre os músicos. Nesta velada lucense estivo acompañado polo prestixioso contrabaixista bonaerense Demian Cabaud —membro da prestixiosa Orquestra Jazz de Matosinhos e docente de referencia— e polo batería portugués João Sousa, quen asumiu as baquetas con notable solvencia e sensibilidade en substitución do batería titular do proxecto, Jeff Williams, ausente por motivos de saúde.
Genero:El Jazz más actual
Fecha:11/11/2026
Discografica:Casa de Tolos
Festival:Festival de Jazz de Lugo