Rodrigo Romaní - Teatro Principal de Ponteved

Rodrigo Romaní forma parte da historia do folk en Galicia. Considerado o máis importante expoñente do arpa celta na península. É responsable da expansión do arpa celta dende que en 1996 creou en Vigo a primeira aula estable de arpa céltica da península. Destacable tamén é a súa participación como un dos membros fundadores do grupo Milladoiro, icona da música galega, formación coa que Rodrigo compartiu 20 anos da súa carreira profesional. Agora presenta o seu terceiro disco en solitario “Arpas de Breogán”, unha obra de estrutura clásica cimentada sobre o arpa celta. Trátase dun traballo creado para ser escoitado sen presas. Este é un deses concertos que parece concibido unicamente para amantes da música clásica e que acaba cativando a todo o que se achega a él.
Genero:Galician Folk
Fecha:05/04/2013
Discografica:Casa de Tolos